Coma ben saben nos Albergues da Rede Pública, non se pode reservar. Nos coma asociación acollemos grupos, os meses de verán (xullo e agosto), no Polideportivo do IES A Xunqueira I.
No Polideportivo pomos colchóns (non colchonetas) e temos duchas de auga quente e fría, para rapaces e rapazas. A aportación económica é de 4,00 € por pelegrino.
É posible instalar cociñas e coches de apoio no exterior do Polideportivo. Tamén deben saber que se houbera algunha actividade deportiva, aínda que non é o pavillón municipal, sempre pode haber algunha competición e sobor de todo adestramentos dalgún grupo do IES. Deben esperar a que rematen.
É posible que poida haber máis grupos ese día no Pavillón e se fose necesario usaríase tamén o pavillón que está suxto a súa beira.
Se deciden aloxarse, no polideportivo, é imprescidible que cumprimenten o formulario que se atopa máis abaixo, nesta páxina.
Para facilitarlles o pago do aloxamento en dito pavillón, pomos a súa disposición dúas formas de pago:
- Ao contado.
- Por transferencia.
Se se deciden polo pago ao contado, éste debe realizarse no Albergue Virxe Peregrina de Pontevedra (ver apartado: “O Albergue”, para saber a súa localización). Alí, o responsable de grupo cubrirá a ficha e relizará o pago. (É conveniente que o responsable chegue antes ao Albergue, entre as 14:00h e as 15:00h, para realizares a inscripción e porse en contacto coa persoa encargada dos grupos, e acordares entre ámbolos dous unha hora de chegada do grupo ao Pavillón)
Se a súa decisión é pagar por transferencia, deben efectualo na seguinte conta:
ASOC. AMIGOS DO CAMIÑO PORTUGUES-ALBERGUE
IBAN: ES03 2080 5407 2330 4010 9344
No caso do pago por transferencia non é necesario pasar polo Albergue, sempre e cando envíen por correo electrónico unha copia do comprobante da transferencia e un listado dos compoñentes do grupo, con nome e apelidos e DNI. É tamén necesario que o responsable de grupo se poña en contacto coa persoa encargada dos grupos, para que lle indique a esta última unha hora aproximada da chegada do grupo ao pavillón.
O enderezo do Polideportivo e o seguinte:
Albergue provisional do IES A Xunqueira I ; Rua Alexandre Bóveda- 36005 Pontevedra
Localización:
Coma chegar ao Polideportivo, dende o Albergue Virxe Peregrina de Pontevedra a pé:
Coma chegar ao Polideportivo, dende o Albergue Virxe Peregrina de Pontevedra en vehículo:

Formulario Grupos Verán
Este é o formulario que deben cubrir tódolos grupos que desexen aloxarse no Polideportivo do IES A Xunqueira I, durante o verán:
Nota: Unha vez cuberto este formulario, nese mesmo intre, é posible a súa modificación. Unha vez enviado, se se equivocaron en algo, por favor non envien un formulario novo, poñánse en contacto connosco a través de páxina de contacto desta web.