Variante Espiritual

Realice o mesmo traxecto que seguiron os restos do Apóstolo Santiago na súa viaxe a Compostela. Navegue por unha paraxe natural de gran beleza. Descubra muíños, fontes, capelas e mosterios. Camine través de bosques, viñedos e praias. Recorra o único Via Crucis marítimo-fluvial do mundo, no que poderá contemplar os 17 cruceiros centenarios que identifican este Camiño de Santiago como a “Translatio”, a ORIXE DE TÓDOLOS CAMIÑOS.

Esta “Variante Espiritual” une dous Camiños Xacobeos: o Camiño Portugués e a “Ruta do Mar”, a Orixe de tódolos camiños. No ano 44 despois de Cristo a Ría de Arousa foi surcada polo barco que transportaba o corpo do Apóstolo Santiago. Os seus restos foron trasladados polos seus discípulos, quenes “conducidos por un anxo e guiados por unha estrela arribaron ás costas de Galiza e subiron polo leito do río Ulla ate alcanzar Iria Flavia (actual villa de Padrón).


1ª Etapa: Pontevedra – Armenteira (19,6 km)

Tras cruzar a cidade de Pontevedra, seguindo o Camiño Portugués, a 2 Km atopamos un desvío á esquerda. Neste ponto comeza a “VARIANTE ESPIRITUAL” que discorre a través de Poio e Combarro ata chegar ao Mosteiro de Armenteira, nun enclave rural moi tranquilo en plena montaña. Poderemos facer noite e descansar no albergue despois de percorreres 21 Km.

A pouco menos dun Km do Mosterio de Armenteira, podemos atopar o albergue de pelegrinos de A Armenteria de Meis, albergue público exclusivo para pelegrinos do Camiño de Santiago con credencial, xestionado polo concello desta localidade.

Foi inaugurado no 2017, nun edificio rehabilitado, nas inmediacións do colexio Público de Armenteira. É un albergue accesible para persoas con movilidade reducida.

Dirección, características e contacto do albergue de pelegrinos de A Armenteria:

  • Enderezo: Rúa Lugar a Vilar, 53 – A Armenteira – Pontevedra.
  • Teléfono: Contactar có concello de Meis. Tlf.: 986712001-986712101. https://www.meis.gal/
  • GPS: 42°28’05.6″N 8°44’29.1″W / 42.468229, -8.741409 | Ver no mapa |
  • Propiedade do albergue: Concello de Meis.
  • Persona encargada de atender o albergue: Contactar có concello de Meis.

2ª Etapa: A Armenteira – Vilanova de Arousa (23.6 Km)

Dende Armenteira ata Pontearnelas o pelegrino percorre “A Ruta da Pedra e da Agua” que discorre por unha paraxe natural de gran beleza. Camiñando baixo a sombra das árbores atoparemos antigos muíños de auga que descansan á beira do río. Hortas e viñedos indícannos que nos aproximamos á ría de Arousa. Tras percorreres 24 Km alcanzamos as praias e a localidade de Vilanova.

Case na entrada de Vilanova de Arousa, atoparemos o albergue de pelegrinos de Vilanova de Arousa é un albergue público exclusivo para pelegrinos do Camiño de Santiago con credencial, xestionado polo concello desta localidade.

Inaugurado no 2013, o albergue de pelegrinos de Vilanova de Arousa está ubicado dentro do espazo da antiga sala de xogos municipal, ubicada no pavillón multiusos do Concello.

Dirección, características e contacto do albergue de pelegrinos de Vilanova de Arousa:

  • Enderezo: Rúa José González Sanisidro, 69 – Vilanova de Arousa – Pontevedra.
  • Teléfono: (+34) 633 906 490 / (+34) 680 670 977
  • GPS: 42°33’36.9″N 8°49’33.0″W / 42.560253, -8.825831 | Ver no mapa |
  • Propiedade do albergue: Concello de Vilanova de Arousa.
  • Persona encargada de atender o albergue: Hospitaleiros voluntarios.

3ª Etapa: Vilanova de Arousa – Pontecesures (28 km)

Realizaremos o trayecto entre Vilanova de Arousa e Pontecesures nunha embarcación para pelegrinos (tamén pódese realizar a pé percorrendo 28 km de dificultade baixa). Sucaremos a Ría de Arousa e ascenderemos o río Ulla rememorando a viaxe que fixeron os restos do Apóstolo Santiago, A Translatio. (aprox. 1 hora) Poderemos contemplar o cultivo do mexilón nas augas da nosa ría e percorreremos o único Vía Crucis marítimo-fluvial do mundo no que descubriremos 17 cruceiros seculares que identifican este camiño de Santiago coma a ORIXE DE TÓDOLOS CAMIÑOS. En Pontecesures retomamos o Camiño Portugués.

Para solicitar información sobre A Translatio (viaxe en barco), deberán facelo no Albergue de Vilanova de Arousa.

O Albergue de Vilanova de Arousa, sendo de xestión pública, está rexentado pola nosa Asociación (Asociación de Amigas e Amigos do Camiño Portugués a Santiago), podendo os grupos reservares praza nel durante os meses de verán.

Podendo reservar praza por medio do siguiente Formulario.