O Albergue

O Albergue de pelegrinos de Pontevedra púsose en funcionamento o 11 de Agosto de 1999- Ano Santo, facéndose cargo do mesmo a Asociación de Amigos e Amigas do Camiño Portugués a Santiago, mediante un convenio de colaboración entre a Asociación e la Sociedade de Xestión do Xacobeo. Os Amigos do Camiño xa viñan realizando a función de hospitaleiros no Acuartelamento de Parques y Talleres de Pontevedra, cedido gratuitamente polo Exército español, para a acollida de pelegrinos durante o Xacobeo’99, cunha capacidade de 200 camas.

Localización:

CARACTERÍSTICAS DA CONSTRUCCIÓN:

O Albergue é de nova construcción, sendo o arquitecto pontevedrés D. Ricardo Aguilar Argenti o responsable do proxecto, quén non dudou en pedir a colaboración dos Amigos do Camiño para a realización do mesmo.

Conta cun dormitorio de 56 camas, baños con duchas para mulleres e homes, baños para eivados (mulleres e homes), sala de estar, comedor, cociña, almacén, lavandaría y sala de exposicións.

Preside a entrada ao Albergue unha imaxe da Virxe Pelegrina donada polos Amigos do Camiño.

Inicialmente construírase un pequeno edificio para acoller as cabalarías mais non puido ser empregado coma tal por imperativo legal, polo que arestora está sendo utilizado coma almacén.

No exterior existe unha figura en bronce do escultor J.M. Acuña, elexida polos Amigos do Camiño, que representa a hospitalidade da cidade de Pontevedra, “da de beber a quen pasa…”

O Albergue é unha edificación que se enmarca dentro dun estilo galego e no seu interior ten grandes espazos con arcos cos comunican lembrando un mesón medieval. Está realizado en materiais nobres (pedra, tella do país e madeira) e presenta unhas características de estructura e funcionalidade que facilitan a acollida de pelegrinos que na súa maioría chegan cansos do Camiño ademais, a eliminación de barreiras arquitectónicas facilita a chegada de pelegrinos eivados. A urbanización da parcela supuso unha grande aportación á cidade xa que en primero lugar mellorouse unha zona que estaba moi abandonada e en segundo lugar coa construcción dun muro de pedra ampliouse a rúa Otero Pedrayo dotándoa de beirarúas, alumeado, rede de sumidoiros y demáis servizos.

Os Amigos do Camiño atendemos con agarimo e ilusión este Albergue e dámoslle un ar familiar cos pelegrinos agradecen.

Normas de utilización do Albergue “Virxe Pelegrina ” de Pontevedra

  1.  Por orden de chegada persoal; non será válida la presentación por outro/s que chegaría/n máis tarde). Dispoñibles ate 56 prazas .
  2. Non se admiten reservas telefónicas; tomando nota de tales chamadas, avisando ao comunicante da norma 1ª como a principal de inscripción.
  3. Exisiráse a acreditación de cada un/ha para o seu previo rexistro; o DNI ou Pasaporte e a Credencial, ésta cun selo, ao menos do paso anterior. Poderían acceder ao dormitorio ou baños, deixando para o seu rexistro ambos documentos, a retirares logo. Se o/a pelegrino viñese só a ducharse e a descansar cobrarase 1 € en concepto de donativo.
  4. A hospedaxe será só por unha noite; debendo deixar o recinto antes das 8 da mañá seguinte (podería permitirse unha noite máis, por lesión ou enfermidade).
  5. As bicicletas deben quedar fóra do edificio; si por razóns especiais fora necesario deixalas na recepción, someterase a consideración de aportación económica por cada unha, para axudar ao maior coste por limpieza queproducirá.
  6. Uns 15 min. antes do peche do albergue; os/as pelegrinos/as que se admitiron para o seu descanso estarán no interior e os coches-vasoira quedarán fóra do recinto.
  7. As camas daránse por orde de chegada; asignaráselle o número de cama por rigurosa orde, quedando a posibilidade de que entre os pelegrinos se poidan cambiar, previo aviso ao hospitaleiro/a.
  8. Recórdaselle a los pelegrinos/as que o horario de peche do Albergue é as 22.00h e a hora de saida pola mañá é as 8,00h. Tamén advirteselle de que deben recoller o lenzo que usaron e depositalo na papeleira antes de saires.
  9. Este Albergue conta cun vixilante nocturno que comeza o seu servizo ás 22,00 horas.

Normas de utilización da Rede de Albergues – Xunta de Galicia

Ocupación:

A orde de prioridade para a ocupación dos albergues será a que se establece a continuación: 

  1. Os pelegrinos con limitacións físicas. 
  2. Os peLegrinos a pé. 
  3. Os peregrinos a cabalo. 
  4. Os peregrinos en bicicleta. 
  5. As persoas que viaxen con coches de apoyo. 

As prazas ocuparánse ao chegar os pelegrinos aos albergues, sen que en ningún caso admítase a posibilidade de realizar reservas. 

Utilización e uso:

  A utilización do albergue para pasar a noite e/o o uso de cualquera dos seus servizos e instalacións, implicará o pago de 6,00 € por persoa e día, que xustificarase có bono que será entregado polo responsable do albergue no momento do pago.   

Normas de Comportamento: 

A utilización por parte dos pelegrinos das instalacións dos referidos albergues estará suxeita ao cumprimento das seguintes condicións: 

  1. A estancia en cada albergue será dunha sola noite, agás no caso de enfermidade ou outra causa de forza maior. 
  2. A porta dos albergues pecharase ás 22:00 horas. 
  3. Os albergues deberán abandonarse antes das 8:00 horas da mañá. 
  4. Para respetar o descanso, as luces apagaranse ás 22:00 horas, con excepción das zonas comunes. 
  5. Os usuarios/as deberán coidar as instalacións coa debida dilixencia, deixándoas ordeadas, limpas e, polo tanto, recoller e depositar o lixo nos contenedores. 
  6. No se poderá malgastar a agua nin a luz. 
  7. Para secar a roupa se utilizarán exclusivamente os tendais que se atopan no xardín Sur detrás do almacén. 

O incumprimento dos deberes anteriormente citados, así coma cualquera conducta susceptible de ser considerada coma perturbadora do bó funcionamiento dos albergues, facultará aos seus responsables para obrigar aos infractores a abandonalos, sen perxuicio da existencia de responsabilidades, incluida a prohibición do uso de cualquera outro albergue da rede. 

Servizos:

  • Cama con roupa de cama desbotable. 
  • Uso da cociña (sen utensilios) 
  • Ducha (con auga quente) 
  • Lavadora e secadora.