¡¡¡VOTO DA CIDADE DE PONTEVEDRA!!!

 Para todos aqueles que non puidéchedes estar este mércores, 20 de xaneiro, na Real Basílica, ¡xa está dispoñible o audio do Voto da Cidade de Pontevedra a San Sebastián, dado polo oferente D. Celestino Lores Rosal, presidente da Asociación de Amigas e Amigos do Camiño Portugués a Santiago! Esta renovación do voto, máis xustificada ca nunca por causa da actual pandemia, pregando a intercesión de San Sebastián, especial protector contra as enfermidades contaxiosas, estivo marcada pola esperanza, posta, coma Iglesia Diocesana, no Ano Santo Compostelano que se abre ante nos.

Ligazóns:

Archivo de audio para a súa descarga.

Ligazón á páxina da Basílica de Santa María

Actividades Marzo 2020

Sábado 14:

Pola mañá: Exposición de Camelias en Vilanova de Arousa.

Pola tarde: Marcha de senderismo dende  Monte Lobeira á Vilanova de Arousa e visita á Exposición de Camelias. Tikects, na oficina (Benito Corbal, edificio Xunta), de mércores a venres (horario: Mañáns de 11:30 h a 13:30 h / Xeráns de 19:00 h a 21:00 h) –> Precio: 8,00 €

Domingo 22: INICIO DA PELEGRINACIÓN POLO CAMIÑO PORTUGUÉS DA COSTA.

1ª Etapa: VILA DO CONDE – FAO. 19 Km.(Etapa Longa); VILA DO CONDE – AGUÇADOURA. 11,5 Km. (Etapa curta).Tikects, na oficina (Benito Corbal, edificio Xunta), de mércores a venres (horario: Mañáns de 11:30 h a 13:30 h / Xeráns de 19:00 h a 21:00 h) –> Precio: 12,00 € (Mínimo para completar o autobús: 30 persoas)